Pescanova presenta preconcurso de acredores en Pontevedra

Por Redacción
Pescanova presentou este venres a solicitude de preconcurso de acredores no Decanato de Pontevedra, mais aínda non se turnou a ningún xulgado.
O preconcurso de acreedores permitirá á compañía que preside Manuel Fernández de Sousa Faro contar cun prazo de catro meses para renegociar a súa débeda antes de ter que declararse insolvente.
A decisión prodúcese tras anunciar que non formulará as súas contas anuais de 2012 e condicionar esta decisión ata que teña a certeza da venda de certos activos da actividade de cultivo do salmón ou renegocie a débeda a través do inicio do procedemento do preconcurso.
A firma galega comunicou a súa decisión de non formular as súas contas anuais á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), que antes da apertura do mercado suspendeu a cotización dos seus títulos. Desde Pescanova non quixeron realizar unha declaración oficial e remítense á CNMV.
Pescanova, fundada no ano 1960 en Vigo, sitúase neste momento entre as dez empresas máis importante do mundo en pesca conxelada. O holding está formado por máis de 100 empresas e no seu persoal hai máis de 10.000 empregados.