O primeiro orzamento de Cerdedo-Cotobade vai situarse arredor dos 5 millóns de euros
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os concellos de Cotobade e Cerdedo certificaron un novo cumprimento coa Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financieira ao peche do terceiro trimestre deste ano, segundo apuntan desde o goberno local.
As contas do presente exercicio manteranse por separado ata que finalice o presente exercicio e entre en vigor o primeiro orzamento común, o de 2017, que se atopa en fase de elaboración.
A partir de xaneiro, Cerdedo e Cotobade compartirán CIF e o orzamento roldará, segundo apunta o presidente Jorge Cubela, os 5 millóns de euros, unha cifra que supera en máis do 50% a cantidade actual por parte dos dous Concellos por separado, que se situaba en 3,2 millóns de euros.
Segundo o certificado de Intervención Municipal, o novo Concello nacería con sustentabilidade financeira. Cotobade xa obtivo unhas contas récord nos dous primeiros trimestres deste ano, saldados cun superávit de 504.963 euros e o cumprimento "absoluto" da Lei de Estabilidade.
O período medio de pago a provedores sitúase en 18 días no caso de Cerdedo e en 22 no caso de Cotobade, ambos por baixo dos 30 días que marca a lexislación.