Increméntase o orzamento da UNED e desaparece o seu patronato
Por Redacción
O orzamento do centro da UNED en Pontevedra contará cun orzamento de 1.999.780 euros, o que representa un aumento do 4,15% con respecto ao 2016.
Neste orzamento a Deputación de Pontevedra aporta o 17,05 por cento do total, 346.000 euros anuais, o Concello de Pontevedra aporta 130.944 euros; o Concello de Vigo, 145.000 euros; a Xunta de Galicia, 77.304 euros; o Concello de Tui, 38.700 euros; e o Concello de Portas, 6.000 euros. A empresa ENCE aporta a cantidade de 30.000 euros.
A xunta reitora tamén deu a súa aprobación aos novos estatutos do consorcio universitario que substituirá ao padroado e que é unha necesidade para que as administracións locais e a Deputación poidan seguir financiando o centro de Pontevedra.
O novo consorcio universitario estará formado pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra, a Xunta de Galicia e a empresa ENCE. Todos eles aportan un representante á nova xunta reitora. O resto dos membros desta xunta reitora son tres pola propia UNED; a directora do centro asociado,un representante do profesorado, un representante dos alumnos e un representante do persoal do centro.
Nos novos estatutos, aprobados este mércores, a presidencia da xunta reitora do consorcio universitario mantense como ata de agora na presidencia da Deputación.
Relacionadas:
-
A UNED dá luz verde a crear unha aula en Portas e un grao de criminoloxía
Por Redacción |
-
A UNED goza dunha "boa saúde" en Pontevedra con case 5.000 alumnos inscritos
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra propón a apertura dos xardíns da UNED en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
A UNED de Pontevedra abre as súas portas nas súas "xornadas de acollida"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación aplaude o cambio legal que permite que poida seguir financiando a UNED
Por Redacción |