En liberdade o "Jarabullo" tras ser sorprendido novamente por un roubo nun bar de Vilagarcía
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron novamente un individuo de 46 anos de idade, veciño de Villagarcía, alias "Jarabullo", con múltiples antecedentes policiais por feitos similares.
Segun informaron fontes oficiais da Policia Nacional, os axentes que se atopaban levando a cabo labores de prevención da seguridade cidadá acudiron á rúa Alejandro Cerecedo de Villagarcía tras recibir unha chamada alertando dun roubo no interior dun bar. Á súa chegada os axentes sorprenderon o individuo golpeando a máquina recreativa cunha machada para tratar de forzala.
Ao ver aos axentes abalanzouse sobre eles ameazándoos coa machada e un deles ao tratar de esquivar a acometida caeu ao chan e resultou ferido.
O individuo saíu fuxindo á carreira e iniciouse unha persecución tras a cal foi interceptado e detido polos axentes policiais, sen deixar de proferir ameazas en todo momento cara aos axentes. Impútaselle o roubo e tamén un atentado a axente da autoridade ao enfrontarse aos policías, un dos cales resultou ferido.
Unha vez finalizado o atestado, o detido foi posto a disposición da autoridade xudicial competente que dispuxo a súa posta en liberdade.