Así é o "cambio radical" nas políticas de contratación da Deputación
Por Redacción
A Deputación Provincial de Pontevedra contratou durante os dez primeiros meses do ano 2016 a un total de 343 persoas a través de procesos de contratación dos que a presidenta, Carmela Silva, destaca que se fixeron seguindo un "cambio de modelo total y asoluto en la política de contrataciones".
Carmela Silva, que este venres compareceu ante os medios manifestando a súa dor pola morte do cantautor e poeta canadiense Leonard Cohen, facilitou os datos de contratación e incidiu en que a política de contratacións agora é "totalmente diferente a la política anterior", pois agora os criterios básicos que se seguen en todos os procesos de selección de personal son "la legalidad, la transparencia y la igualdad de oportunidades".
Lembrando a frase de Cohen "actúa da maneira que che gustaría ser e pronto serás da maneira na que actúas", asegurou que na Deputación houbo "cambio radical en la gestión de los recursos humanos" e insiste en que a selección de personal se fai a través de convocatorias "públicas, abertas y de libre acceso", a través das bolsas de emprego creadas a partir desas convocatorias e outras contratacións temporais.
Os novos contratos xerados foron variados, desde profesionais da bioloxía, a outros da arquitectura, informática, administración , educación ou psicoloxía, e permitiron avanzar na modernización da institución. Ao respecto, Carmela Silva indicou que "las que se hacían anteriormente no se correspondían con una administración moderna. La Deputación precisa profesionales que den respuesta a una nueva realidad, la una sociedad moderna".
Atendendo ás modalidades, 200 foron contratos laborais por circunstancias de produción (outros dous a tempo parcial), 53 funcionarios interinos sen praza por execución de programas, 26 contratos de interinidade por substitución para cubrir baixas de funcionariado (máis un a tempo parcial), 26 contratos en prácticas, 15 contratos en formación, seis postos de funcionariado interino con cargo a vacante, cinco interinos e interinas sen praza por acumulación de tarefas, catro contratos laborais por obra ou servizo determinado (máis outros catro a tempo parcial) e un contrato por interinidade a tempo parcial de duración determinada.
PROGRAMA TECENDO LAZOS
Carmela Silva tamén deu conta da aprobación, en Xunta de Goberno, das solicitudes de adhesión presentadas por 44 concellos da provincia de Pontevedra para participar no programa 'Tecendo lazos', ao que a institución destina 60.000 euros.
O programa pretende crear espazos para o encontro, sensibilización, promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.