Mellora enerxética para os pavillóns de Marín
Por Redacción
A Xunta de Goberno local do Concello de Marín aprobou o prego de condicións que rexerá a contratación dos traballos de mellora de eficiencia enerxética nos tres pavillóns municipais da vila.
Investirase na mellora da eficiciencia de iluminación nos pavillóns da Raña, O Sequelo e A Cañota un total de 34.906,90 euros.
Os traballos nos pavillóns levarán a cabo con cargo a unha subvención concedida polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).
Aprobáronse tres lotes diferenciados, para que as empresas interesadas en facerse cargo das obras poidan presentar ofertas para un, dous ou os tres pavillóns.
Desta forma as melloras na Raña presupostáronse en 15.375,76 euros, as do Sequelo en 12.206,97 euros e as da Cañota en 7.334,18 euros.
O contrato contempla a subministración de equipos, accesorios e pequeno material, así como a instalación e entrega en perfecto estado de funcionamento.