Marín cambiou 97 puntos de luz na rúa Concepción Arenal
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado da alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou este luns o Concello de Marín para comprobar as obras de mellora de eficiencia enerxética que se realizaron grazas a liña de axudas aprobada o ano pasado pola Consellería de Economía e Industria.
José Manuel Cores Tourís destacou os 60.000 euros de investimento que se destinaron a obras de mellora enerxética neste municipio e dos que 51.000 euros corresponderon á subvención aportada polo Instituto Enerxético de Galicia.
En concreto cambiárose 97 puntos de luz led na rúa Concepción Arenal, á altura do número 134 e do número 85, explicou o delegado territorial, destinándose un orzamento de case 22.000 euros para a primeira zona e de algo máis de 28.300 para a segunda, "aos que hai que engadir o IVE". Non só se cambiaron puntos de luz por novas luminarias led, senón tamén se reformaron cadros de mandos, instaláronse protectores de sobretensións e se colocaron 541 metros de condutores de terra.
María Ramallo anunciou que xa se está a traballar no proxecto que se vai a presentar a esta nova orde de axudas, que por una parte significará o cambio de luminarias nun tramo da PO-551 e en distintas instalacións deportivas, en A Raña, o Sequelo e a Cañota, "que teñen un uso moi intenso e que necesitan esta mellora".
Relacionadas:
-
Marín presume de aforrar 120.000 euros en gasto enerxético durante tres anos
Por Redacción |
-
Mellora enerxética para os pavillóns de Marín
Por Redacción |
-
A construtora Oresa acometerá a reforma da rúa Concepción Arenal
Por Redacción |
-
Marín aproba as obras de humanización da rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez |