Marín aproba as obras de humanización da rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín vai proceder á contratación inmediata das obras de humanización da rúa Concepción Arenal, no tramo comprendido entre os cruces da rúa Jaime Janer e rúa do Sol.
O proxecto conserva o carácter de mobilidade actual, conservándose tanto o paso de peóns como de vehículos. Varíanse por tanto os anchos das beirarrúas existentes e tamén da calzada.
O proxecto foi aprobado este pasado mércores día 15 de xuño pola Xunta de Goberno local unha vez que foi informado urbanisticamente os servizos municipais, por patrimonio e por infraestruturas da Xunta de Galicia.
Nas próximas semanas iniciarase o procedemento de contratación que concluirá coa adxudicación das obras nesta contorna urbana que poñerá en conexión outros tramos urbanos recentemente remodelados como a rúa do Sol e Jaime Janer no seu primeiro tramo.
A obra ten un orzamento total de 157.141 euros dos que a Deputación achega 83.162, o Concello 14.528; o Ministerio de Fomento, 41.402 e a Xunta 18.048 euros.
Relacionadas:
-
A humanización de Concepción Arenal chega ata Jaime Janer e Sol
Por Redacción |
-
A construtora Oresa acometerá a reforma da rúa Concepción Arenal
Por Redacción |
-
Marín cambiou 97 puntos de luz na rúa Concepción Arenal
Por Redacción |
-
A humanización dun tramo da rúa Concepción Arenal dará maior valor ao peón
Por Redacción |