O PP denuncia que a Deputación paralizou proxectos no Salnés por 8 millóns de euros
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial do Partido Popular denunciou que o goberno da Deputación, conformado polo PSdeG e BNG, paralizou proxectos no Salnés por 8 millóns de euros polo que aseguran que esta é "unha das comarcas máis prexudicadas pola Deputación desde que Louzán deixou de ser presidente".
A portavoz do grupo popular na Deputación, Nidia Arévalo, puxo como exemplo o auditorio de Vilanova de Arousa ou estradas como a de Baión, a mellora no acceso ao Hospital do Salnés, a cuberta da piscina de Cambados, a nave de usos náuticos da Illa de Arousa ou as beirarrúas en Ribadumia, entre outros proxectos.
Segundo os populares o actual goberno provincial está a centrarse principalmente en Vigo e en Pontevedra.