Lores: "En Pontevedra, corrupción? Non me consta. Só me consta que o rei Juan Carlos matou un elefante"
Por Oskar Viéitez
"Pontevedra sitúase coma a cidade galega peor posicionada no ránking de transparencia". Así arrincou o voceiro do Grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, a súa interpelación ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no pleno ordinario.
"ÿ vergoñento", afirmou Moreira que no estudo elaborado pola ONG Transparency International España, que evaluou a 110 concellos do Estado, "e o Concello capitalino ocupa a 74 posición".
O xefe da oposición tirou de papeis e leu que a cidade do Lérez obtivo 61,3 puntos de cen posibles, "Pontevedra quédase por baixo da media estatal", cifrada en 70,9 sinalou Moreira "estamos por detrás de Marbella, Coslada, Chiclana, Gandía", "e tamén de Lepe?", interrompeulle o alcalde.
"Ata nisto vai en contra do sistema", insistía o portavoz popular.
"En Pontevedra, corrupción? Non me consta", dixo Lores con retranca
"De verdade quere falar de corrupción? ", espetoulle o alcalde, "pois falemos", dixo remangándose.
Camps, Gürtel, Correa, Bárcenas, os sobres, Santiago de Compostela, Pokémon, diñeiro negro, Ana Mato, Sepúlveda ata en dúas ocasións necesitou beber auga Fernández Lores no medio do seu particular repaso ao mapa da corrupción nacional.
"En Pontevedra, corrupción? Non me consta", dixo con retranca, "Non me consta, nin do rei Juan Carlos, só sei que matou un elefante".
"Este é un concello aberto, transparente, sen segredos para os cidadáns", recalcaba o alcalde Miguel Fernández Lores, ríndose dun ranking que ao seu xuízo "é de corruptelas e procesos xudiciais", xa que no tocante a Galicia as primeiras situadas son Santiago, Lugo e Ourense, "ya me dirás tú, ¡qué viva la madre superiora!".
Na longa resposta do alcalde ocupou un lugar destacado a axencia que elaborou este ranking Transparency International España, unha organización en cuxo comité executivo está Edurne Uriarte, muller de Minsitro Wert "entre outros persoeiros da dereita". Unha axencia que segundo o alcalde está patrocinada por Telefónica e Repsol.
"Para min é un orgullo estar nos postos máis baixos deste ranking, e gostaríame sacar peor nota", remachou Lores.
Aínda que esta intervención arrincou algunhas risas entre o público e os concelleiros do grupo de goberno, entre os edís da oposición suscitou algunhas críticas como a que publicou na súa conta de Twitter o edil popular, Pablo Fernández, que comparou o Pleno de hoxe co Club da Comedia.
Pertenecer al Pleno Municipal de Pontevedra es un orgullo, que el alcalde lo confunda con el Club de la comedia es bochornoso
Pablo Fernández (@Pablo_Fdez_Lpez) 26 Febreiro 2013