O PP cuestiona a transparencia do Concello de Pontevedra pola "dejadez" da súa web
Por Redacción
O Concello de Pontevedra incumpre a lei de contratos públicos que obriga, segundo denuncia o PP, a publicar na páxina web dos concellos o perfil do contratante de cada proceso licitador. ÿ unha mostra, di Jacobo Moreira, que "no sólo es que no sólo el Concello que dirige Fernández Lores tenga carencias a la hora de dar publicidad a sus contratos públicos, es que hay muchos procesos de licitación de los que no dan nada o casi nada de información".
Segundo Jacobo Moreira, visitando a web municipal de Pontevedra, "la probabilidad de que un ciudadano obtenga información sobre los datos relevantes de un concurso público para obras o servicios es, como mínimo, muy baja". Asegura o portavoz popular que esta situación demostra a falta de transparencia do Concello de Pontevedra. "No se sabe lo que pasa con cada euro que sale de las arcas municipales", denunciou.
En todo caso, insiste que a web municipal ofrece un "vacío absoluto", unha situación que achacou á "dejadez política" do goberno local. Fronte a exemplos como A Coruña, Moreira asegurou que Pontevedra "queda en un completo ridículo", xa que no portal web "hay apartados completamente vacíos como las contrataciones programadas o que incluyen procesos que hace mucho tiempo que deberían estar cerrados".
Ademais, o portavoz do Partido Popular insistiu en que a lexislación recolle que o sistema informático deberá contar cun dispositivo que permita acreditar o momento de inicio da difusión pública da información, "que en el caso de Pontevedra simplemente no existe", e revelou tamén que a web "no incluye las actas de las mesas de contratación, lo que impide conocer qué empresas optan a sus ofertas, entre otras muchas cuestiones".