O desemprego baixa na Boa Vila ata o 16,7 por cento
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/30c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5811d52043-pontevedra-2.jpg)
© Encuesta de Población Activa
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/09f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5811d509b8-pontevedra-1.jpg)
© Encuesta de Población Activa
Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre de 2016 reflicten que a taxa de paro en Pontevedra é do 16,7 por cento, a mesma cifra que A Coruña e menor que Vigo (18%) e Ferrol (27,8 %).
A cidade do Lérez ten unha taxa de ocupación do 50,4% e de actividade do 60,6%, de acordo coa enquisa de poboación activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Entre os grandes concellos, Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (53,5% e 52,7%, respectivamente).
DATOS DE GALICIA
A setembro deste ano, a EPA tamén reflicte que o número de parados baixou en 16.200 persoas no terceiro trimestre en Galicia en relación co trimestre anterior, un 7,25%, ata situar o total en 206.700 desempregados.
Mentres, a ocupación subiu en 23.900 persoas neste período, o que representa un incremento intertrimestral do 2,31%, de modo que os ocupados na comunidade galega ascenden a 1.057.900.
Segundo a información da EPA en Galicia había 837.900 asalariados no terceiro trimestre de 2016, 608.300 con contrato indefinido e os 229.600 restantes con contrato temporal.
DATOS NACIONAIS
No conxunto estatal, o paro reduciuse en 253.900 persoas, o que supón un descenso relativo do 5,5%, e os ocupados incrementáronse en 226.500, un 1,24%. Desta forma, tanto a caída do desemprego como o incremento da ocupación presentan en Galicia un mellor comportamento que a media.
Relacionadas:
-
115 desempregados menos na cidade de Pontevedra en decembro
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Pontevedra, con máis parados que en setembro: crece o desemprego en 129 persoas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O paro sobe na cidade de Pontevedra en setembro en 173 persoas
Por Redacción |
-
Carmela Silva, preocupada porque o 95% dos contratos feitos en agosto en Pontevedra son temporais
Por Redacción |