115 desempregados menos na cidade de Pontevedra en decembro
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en decembro na cidade de Pontevedra ata alcanzar as 6.593 persoas.
En total son 115 desempregados menos que o mes anterior, de modo que a cidade do Lérez rompe a tendencia negativas dos últimos tres meses.
Decembro 2016 | Novembro 2016 | Variación | |
Pontevedra | 6.593 | 6.708 | -115 |
Barro | 350 | 356 | -6 |
Bueu | 878 | 875 | 3 |
Caldas de Reis | 915 | 870 | 45 |
Cambados | 1.233 | 1.161 | 72 |
Campo Lameiro | 163 | 160 | 3 |
Cerdedo-Cotobade | 439 | 421 | 18 |
Cuntis | 401 | 374 | 27 |
O Grove | 1.223 | 1.035 | 188 |
A Illa de Arousa | 343 | 332 | 11 |
A Lama | 208 | 198 | 10 |
Marín | 1.965 | 1.978 | -13 |
Meaño | 481 | 469 | 12 |
Meis | 423 | 410 | 13 |
Moraña | 426 | 398 | 28 |
Poio | 1.261 | 1.271 | -10 |
Ponte Caldelas | 615 | 606 | 9 |
Portas | 251 | 231 | 20 |
Ribadumia | 383 | 356 | 27 |
Sanxenxo | 1.408 | 1.390 | 18 |
Vilaboa | 485 | 465 | 20 |
Vilagarcía de Arousa | 3.925 | 3.867 | 58 |
Vilanova de Arousa | 903 | 870 | 33 |
AUMENTA NAS CATRO PROVINCIAS
Os parados aumentaron na provincia de Pontevedra en 1.144 persoas máis no mes de decembro. Isto supón un incremento dun 1,41% respecto ao mes anterior.
A provincia acumula unha disminución en 2016 en comparativa co peche de 2015. Así, Pontevedra baixa 8.623 personas (-9,48%) ata rexistrar 82.339 desempregados.
GALICIA
Galicia rexistrou o maior incremento do paro en termos absolutos do Estado en decembro ao contabilizar 2.360 persoas máis anotadas nos servizos públicos de emprego con respecto a novembro, o que sitúa a cifra total de parados en 205.914.
A subida foi do 1,16%, mentres que na media estatal baixou un 2,29% (86.849 desempregados menos).
En toda a comunidade galega, o paro repártese entre 94.353 homes e 111.561 mulleres. Un total de 9.391 son menores de 25 anos.
Como dato negativo salientar que baixa a duración dos novos contratos: só o 7,5% foron indefinidos.
Relacionadas:
-
O municipio de Pontevedra suma 213 desempregados máis en xaneiro
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra pechou 2016 cunha taxa de paro do 17,6%, segundo a EPA
Por Redacción |
-
400 persoas pasaron polo Servizo de Orientación Laboral de Marín en 2016
Por Redacción |
-
Pontevedra suma o seu terceiro mes consecutivo de subida do paro
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, con máis parados que en setembro: crece o desemprego en 129 persoas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O desemprego baixa na Boa Vila ata o 16,7 por cento
Por Oskar Viéitez |