O crime de Chancelas chega ao TSXG cunha vista de apelación solicitada polas dúas acusadas
Por Redacción
O coñecido como crime de Chancelas, o asasinato do ancián Secundino Prego ás portas do seu domicilio, regresa aos tribunais. A sala segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este martes 18 de outubro a vista de apelación por este caso, despois de que as dúas acusadas decidisen recorrer a sentenza da Audiencia de Pontevedra.
Esta apelación xa fora anunciada polos seus respectivos letrados tras a lectura do veredicto do xurado popular, que considerou probado que Albertina Táboas e Rocío Gondar puxéronse de acordo para acabar coa vida do home ao que coidaban. Por estes feitos foron condenadas a 22 e 20 anos e medio de prisión, respectivamente.
A sentenza da Audiencia pontevedresa considera probado que as dúas mulleres "de mutuo acordo" mataron a Secundino entre as 22.15 e as 23.50 horas do 2 de febreiro de 2014, tras asaltar de forma "súbita e inesperada" a vítima no camiño de acceso á súa vivenda de Chancelas, sen que este puidese defenderse.
Golpeárono "repetidamente", máis de 18 veces -tres delas mortais de necesidade- cunha tixola, o seu propio bastón e unha pedra, ata acabar coa súa vida.
Tras iso, as dúas mulleres chamaron ao 112, á Policía Nacional e á Garda Civil finxindo que estaban a ser vítimas dun roubo para tratar así de encubrir o crime.
Albertina Táboas, que fora nomeada herdeira universal cinco días antes do crime a cambio de coidalo, "planeou" a morte do ancián para quedar cos seus bens "ante o temor de que puidese revogar o testamento" e ofreceu unha cantidade de diñeiro a Rocío, aceptado por esta, como recompensa para que lle axudase a matalo.
Con respecto ao testamento, decretouse a súa nulidade. Segundo a sentenza, a "verdadeira intención" da muller "era soamente herdar os seus bens" e para iso "deu morte" ao ancián.
O letrado de Albertina anunciou entón que recorrería a sentenza porque o seu cliente recoñécese culpable dun delito de encubrimento, pero nega ser a autora do asasinato. Impútallo a Rocío, que tamén apela este fallo xudicial porque, a pesar de confesar a súa culpabilidade, a súa defensa denunciou que os informes psicolóxicos da moza non se realizaron adecuadamente e non reflectiron o seu trastorno de personalidade.
Relacionadas:
-
O TSXG rexeita que unha das condenadas polo crime de Chancelas teña un trastorno de personalidade
Por Oskar Viéitez |
-
Unha das acusadas do crime de Chancelas alega trastorno psiquiátrico ante o TSXG
Por Redacción |
-
Dura sentenza para as asasinas de Secundino, condenadas a máis de 20 anos de prisión
Por Alejandro Espiño |
-
Unanimidade no xurado: Albertina e Rocío mataron a Secundino "de común acordo" pola súa herencia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Unha "arrepentida" Rocío Gondar reitera que non matou a Secundino soa: "Albertina estuvo pegada a mí en todo momento"
Por Alejandro Espiño |