Ambiente cervexeiro de excepción en Pontevedra coa segunda Pontus Lupulus
Por Redacción & Mónica Patxot
Se sentes paixón por unha boa cervexa, tes unha cita obrigada na Praza de España durante toda este fin de semana. Alí celébrase desde este venres a segunda edición de Pontus Lupulus, a feira da cervexa artesanal de Pontevedra.
Cunha oferta de máis corenta cervexas artesás, fabricadas por unha decena de produtores galegos, Pontus Lupulus abriu as súas portas coa intención de seguir fomentando a cultura cervexeira na cidade.
En concreto, son nove as compañías artesás que participan nesta feira. Son Cervexa Menduiña, Saramagal, Cervexa Artesanal NOS, Cata Craft Beer, Cervexa Artesanal Áncora, Cervexas Meiga, Galponbier, Santo Cristo e Kel’s.
Os prezos serán populares e poderanse degustar estas cervexas, en barril ou botella, a partir de dous euros.
Con cada consumición, os consumidores recibirán unha invitación para a feira Etiqueta Negra, un evento de produtos gourmet feitos en Galicia que se celebrará en Pontevedra en novembro.
Ademais, os asistentes teñen á súa disposición unha ampla oferta gastronómica e numerosas actividades paralelas. Tamén hai música. No seu primeiro día, os encargados de amenizar a feira foron Mike Grelo e curmán. Este sábado será a quenda de Gonzalo Arca e Pumuky and the Puts e, xa o domingo, Dead Wood e Eladio dos Santos.
Relacionadas:
-
Pontebirra desembarca en Pontevedra con noventa tipos de cervexa artesá
Por Manu Otero |
-
Comeza a tempada gastronómica na Boa Vila coa xuntanza dos máis cerveceiros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A cervexa artesanal de Pontus Lupulus abre un 'outono gastronómico' en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra prepara "Etiqueta Negra", unha feira gourmet 100% galega
Por Mónica Patxot |