Abre o prazo para participar no tradicional mercado de flores de Todos os Santos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Xa se poden solicitar os postos no mercadiño de flores que, como cada 1 de novembro, estará instalado na praza da Ferrería tanto ese día como a véspera da celebración de Todos os Santos.
As persoas interesadas en obter un posto neste tradicional mercadiño deberán acudir ás dependencias da administración do Mercado de Abastos para retirar as instancias necesarias.
Poderán retiralas de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.
O prazo para a presentación de instancias estará aberto ata o 27 de outubro.
Os vendedores poderán montar os seus postos dende as 02.00 ás 10.00 horas do 31 de outubro, primeiro día de actividade deste mercado.