A Ferrería queda pequena para o mercado de flores de Todos os Santos
Por Redacción
O tradicional mercado de flores que se celebra anualmente na praza da Ferrería con motivo da festividade de Todos os Santos será máis amplo do habitual.
O Concello de Pontevedra decidiu incrementar o espazo de venta de cara os vindeiros 31 de outubro e 1 de novembro. Tamén haberá postos no paseo Odriozola ante a gran demanda de vendedores.
De xeito excepcional, habilitaranse 28 postos de dous metros cada un -ata un máximo de catro metros por persoa- no Paseo Odriozola. Unha vez cubertos, non se ampliará este espazo.
As persoas interesadas deberán presentarse na administración do Mercado de Abastos situado na rúa Serra, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, para retirar a correspondente documentación.
Na praza da Ferraría habilitaranse 144 postos de 2 metros cada un, que xa están todos adxudicados.
Relacionadas:
-
Abre o prazo para participar no tradicional mercado de flores de Todos os Santos
Por Redacción |
-
Xornada apacible que favoreceu a presenza de numerosas visitas aos camposantos
Por Diego Torrado |
-
Os cemiterios pontevedreses amosarán o seu mellor aspecto o día de Todos os Santos
Por Redacción |
-
Queres vender flores o día de Todos os Santos?
Por Redacción |