Xornada apacible que favoreceu a presenza de numerosas visitas aos camposantos
Por Diego Torrado
As agradables temperaturas deste domingo de inicio de novembro, situándose arredor dos 20 graos centígrados, permitiron que numerosos pontevedreses achegáranse ata os cemiterios para lembrar aos seus seres queridos.
As medidas adoptadas pola Policía Local evitaron que se producisen dificultades na circulación do tráfico nos camposantos máis concorridos, o da parroquia de Lérez e o de San Mauro situado na cidade.
Durante este domingo, do mesmo xeito que na xornada do sábado, a praza da Ferrería acolleu o tradicional mercado das flores no que se despacharon desde rosas, orquídeas, petunias, gladíolos e os clásicos crisantemos, a flor máis vendida para esta xornada ao ser tamén a máis duradeira.
Relacionadas:
-
Lourizán contará con 20 novos nichos e San Amaro cun maior depósito de cinzas
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo de Todos os Santos
Por Redacción |
-
Os cemiterios pontevedreses amosarán o seu mellor aspecto o día de Todos os Santos
Por Redacción |
-
Posta a punto nos cemiterios municipais de Marín
Por Redacción |
-
A Ferrería queda pequena para o mercado de flores de Todos os Santos
Por Redacción |