![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7c0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/580098067a-federacion-galega-comercio.jpg)
© Federación Galega de Comercio
A entrega dos premios do comercio galego tivo sabor pontevedrés
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Federación Galega de Comercio entregou este xoves os Premios Traxectoria nos que se distinguiron a empresas comerciais e a persoas e entidades polo seu traballo a prol do sector.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, salientou que o comercio da provincia é unha clara mostra de como o sector é clave non só na dinamización económica, contribuíndo á creación de riqueza e emprego e como unha oportunidade de emprendemento, senón tamén na vida das vilas e cidades galegas.
Entregáronse un total de 22 distincións. A maior parte corresponderon a empresas comerciais con longa e prestixiosa actividade comercial, como os establecementos pontevedreses Calzados Pedestal, Guarnicionería Mouriño, Olbe Textil, ou os grovenses Cociñas Lume e Mara Muebles, tamén Joyería Villar de Cambados ou Gosende de Vilagarcía.
Así mesmo, Ernesto Filgueira foi distinguido polo traballo en pro do sector e do asociacionismo comercial e a posta en valor do comercio polo miúdo.Ao acto tamén asistiu a concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías.