Comezan as obras para peonalizar o barrio do Cabo en Lourizán
Por Redacción
As obras de mellora de accesibilidade e de rehabilitación no lugar do Cabo, na parroquia de Lourizán, comezan este luns 10, segundo apunta o concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez.
Os traballos supoñerán a peonalización do barrio, con acceso de vehículos só para residentes. A empresa E.C. Casas acometerá as obras cun orzamento de 60.000 euros.
A intención do goberno local é recuperar este barrio mariñeiro, un proxecto que opta a lograr unha subvención do Grupo de Acción Costeira, que permitiría ampliar a proposta a outras zonas do barrio, mellorar a iluminación ou realizar traballos de recuperación patrimonial tanto no relacionado coa toponimia como do paseo que circunda o colexio de Praceres.
Con esta obra finaliza a actuación prevista nesta zona da parroquia e que o goberno municipal entende vai garantir a seguridade dos escolares do centro educativo.
Relacionadas:
-
A reforma integral do barrio do Cabo custará máis de 200.000 euros
Por Alejandro Espiño |
-
En marcha vintesete obras no rural por valor de 1,5 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica o "desleixo reiterado" do goberno local con Lourizán
Por Redacción |
-
Medio millón de euros para obras de mellora na parroquia de Lourizán
Por Redacción |
-
Proxectan a rehabilitación integral do barrio mariñeiro do Cabo
Por Alejandro Espiño |