Medio millón de euros para obras de mellora na parroquia de Lourizán
Por Redacción
O Concello investirá arredor de medio millón de euros en obras de acondicionamento, de mellora da accesibilidade e seguranza viaria e de dotación de servizos en Lourizán. Os proxectos foron presentados polo concelleiro do Rural, Demetrio Gómez, na última reunión do Consello parroquial onde teñen voz os distintos colectivos veciñais e sociais da zona.
As actuacións anunciadas son as seguintes:
- Obras de seguranza viaria e acondicionamento na contorna do colexio dos Praceres, que inclúen a instalación de nova iluminación, medidas de calmado de tráfico e a reforma de rúa diante dos bares da zona
- Acondicionamento da Praza dos Praceres
- Mellora e acondicionamento da zona da Carballeira
- Actuacións específicas para mellorar a seguranza viaria na contorna do colexio da Carballeira
- Mellora da accesibilidade e acondicionamento da zona do Cabo
- Acondicionamento da zona de Agrovello: novo asfaltado, pintura, sinalización e medidas de calmado de tráfico
- Construción de novos nichos no cemiterio
O concelleiro Demetrio Gómez valora as suxestións “sempre construtivas” feitas polos representantes da veciñanza no Consello parroquial de Lourizán. A este foro levou o acordo do Pleno municipal polo que o Concello comprometeuse a buscar terreos axeitados para a construción dun novo campo de fútbol que substitúa ao derrubado, por imperativo xudicial, de Praceres.
O Concello ten previsto construír neste mandato unha rede municipal de campos de fútbol de herba sintética no que podería ter cabida esta instalación deportiva. Demetrio Gómez deixou enriba da mesa a necesidade de contar coa colaboración dos veciños para atopar os terrenos e eles tomaron nota.
Relacionadas:
-
A comunidade de montes de Lourizán rexeita ceder os terreos para construír o campo de fútbol
Por Redacción |
-
Comezan as obras para peonalizar o barrio do Cabo en Lourizán
Por Redacción |
-
Inminente inicio das obras de mellora na Carballeira de Lourizán
Por Redacción |
-
En marcha un plan de obras no rural con mais de 60 actuacións
Por Redacción |
-
O acceso das mariscadoras á praia de Praceres mellorará despois de Semana Santa
Por Redacción |
-
O Concello ten en execución e en carteira obras no rural por cinco millóns
Por Redacción |
-
Proxectan a rehabilitación integral do barrio mariñeiro do Cabo
Por Alejandro Espiño |