Luis Campos Villarino renova como presidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra
Por Redacción
Luis Campos Villarino continuará outros catro anos máis á fronte da Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra. Só presentouse a candidatura que lideraba o facultativo pontevedrés e desta forma renovará no cargo no que leva desde o ano 2005.
Na súa candidatura figuran profesionais médicos que exercen nos Hospitais de Pontevedra como Jorge Nogueira, Fernando Rodríguez-Triana, Carmen Revenga, Vitoria Aldea. o inspector médico Antonio Larriba ou o médico do Centro de Saúde de Marín, Rubén Domínguez.
Durante estes últimos anos, Campos Villarino manifestouse de forma moi crítica coas actuacións da Consellería de Sanidade e mostrou a súa oposición á reordenación do mapa sanitario en Galicia, criticando que se dese prioridade a Santiago fronte aos hospitais do sur da provincia de Pontevedra.