O Colexio de Médicos de Pontevedra pide unha reconsideración da política de traslados ao novo Hospital de Vigo
Por Redacción
O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra emitiu un comunicado no que reclama medidas inmediatas á Consellería de Sanidade ante a enorme preocupación social que suscita a situación do novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
A institución que preside Luis Campos Villarino entende que a calidade da asistencia sanitaria que os profesionais prestan aos pacientes deste centro está plenamente garantida. No comunicado, recóllese que se veu denunciando colateralmente deficiencias construtivas, falta de planificación, improvisación e ausencia dun plan funcional consensuado previo á posta en marcha do novo centro hospitalario. Estas circunstancias, segundo o Colexio, obrigan a unha reconsideración da política de traslados e a un escrupuloso control das áreas que reciben pacientes críticos, que non deben habilitarse sen as establecidas garantías ambientais microbiolóxicas.
Por este motivo, reclaman á Consellería de Sanidade un esforzo en transparencia e comunicación. E o Colexio de Médicos de Pontevedra reclama que a Administración Sanitaria de Galicia abra, de inmediato, unha investigación sobre as circunstancias operativas e competencias da Oficina Técnica para o seguimento das obras do Novo Hospital, para estudar responsabilidades se houbese lugar.
O Organismo Colexial reitera o seu posicionamento en favor do sistema público de Saúde e oponse á privatización da xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro e do Complexo Hospitalario de Vigo. Neste sentido denuncia a deterioración xeral do Sistema Nacional de Saúde debido aos "recortes indiscriminados".
Relacionadas:
-
Luis Campos Villarino renova como presidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Colexio de Médicos pide explicacións a Facenda sobre os novos criterios de fiscalidade aplicados á formación
Por Redacción |
-
SOS Sanidade Pública concéntrase este martes 13 en apoio aos traballadores do novo Hospital de Vigo
Por Redacción |
-
Marea Branca confía en que Monte Carrasco "non irá arriba" ante o "fracaso" do hospital de Vigo
Por Redacción |