Dezaoito empresas presentan ofertas para executar o saneamento do río Gafos
Por Redacción
O contrato para a mellora da rede de sumidoiros no río dos Gafos interesou a dezaoito empresas. Son as que presentaron ofertas para lograr a adxudicación desta obra pública que conta cun orzamento de licitación de 1.126.174,48 euros.
Nuns días poderá reunirse a mesa de contratación para iniciar co estudo dos proxectos.
As empresas que se presentaron a esta licitación son Acciona, Acevi, Canalizaciones y Construcciones Salnés, Civis Global, E.C. Casas, COVSA, Copcisa, Elsamex, Espina Obras Hidráulicas, Espina y Delfín, Excavaciones y construcciones Laureano Covelo, Excavaciones y construcciones Manuel Pérez Portela, Narom, Ovisa, Probisa, Soil Tratamiento de aguas residuales, Viaqua e a UTE formada por Ediserpo e Ogmios.
Este proxecto ten por obxecto incrementar a capacidade do colector que recolle as augas fecais de Vilaboa e do polígono industrial da Reigosa, acadar a estanqueidade dos pozos e, na medida en que sexa posible, retirar o colector do propio leito do río dos Gafos pasándoo ás marxes do río pola senda de pescadores.
Ademais, inclúense dúas posibles melloras: cambiar a rede de saneamento dende a estación de autobuses ata a avenida de Vigo por un colector de PVC de 500mm, que tería un valor de licitación de 110.230 euros; e executar un novo colector entre a avenida de Vigo e a rúa Alcalde Hevia, por valor de 141.486,14 euros.
O prazo de execución da obra é de nove meses.
A obra, que lle correspondía facer á Xunta de Galicia, será finalmente asumida a través dun convenio asinado polo Concello coa Deputación de Pontevedra, no que o investimento se reparte a partes iguais.
Relacionadas:
-
O luns comezan as obras do saneamento do Gafos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O saneamento do Gafos custará finalmente 831.000 euros e incluirá 129 pozos e 3.300 metros de tubaxe
Por Natalia Puga |
-
O saneamento dos Gafos chegará ata Alcalde Hevia
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta anuncia que en marzo estará redactado o anteproxecto do novo emisario submarino
Por Oskar Viéitez |
-
Unha nova zona verde de 1.400 metros cadrados ao pé da desembocadura do Gafos
Por Redacción |
-
Novo paso para facer realidade o proxecto "altamente demandado" do saneamento do Gafos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Deputación e Concello presumen da súa "extraordinaria relación"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |