Atopan un condutor inconsciente despois de dar co seu coche varias voltas de campá
Por Redacción
Un vehículo deu varias voltas de campá antes de ir parar a un camiño fóra da variante de Caldas de Reis. O condutor abandonou o coche polos seus propios medios, pero quedou tendido na vía e mesmo perdeu o coñecemento.
O accidente ocorreu ás cinco desta madrugada na N-550, a variante de Caldas en sentido Pontevedra.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar do suceso. Os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros do Salnés, aos membros do GES de Valga e aos voluntarios de Protección Civil. Tamén acudiron os servizos sanitarios de urxencia e os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Finalmente, o ferido foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.