A Festa da Ameixa supera todas as previsións
Por Redacción
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio valorou o "notable éxito" da Festa da Ameixa celebrada durante a pasada fin de semana na localidade de Campelo, na parroquia de San Xoán de Poio.
Tradicionalmente, a Festa da Ameixa vense celebrando no mes de xullo, aínda que estes dous últimos anos, a consecuencia da toxina presente na ría de Pontevedra, a festa cambiou as súas datas celebrándose no mes de setembro. Este cambio de datas non afectou negativamente, nin á afluencia de visitantes, nin ó número de racións consumidas, de feito este ano, os datos rexistrados foron mellores que os acadados en anos nos que a festa tiña lugar no habitual mes de xullo.
Para este edición da Festa da Ameixa, o Concello de Poio comprou 500 kilos de ameixa babosa da ría de Pontevedra directamente á lonxa do municipio, aínda así, foi necesario comprar 60 kilos máis. Ao esgotarse os 500 kilos previstos inicialmente, xa o domingo pola mañá.
No que respecta ás vendas acadadas durante estes dous días de festa, rexistrouse un incremento dun 12% con respecto o ano pasado. En canto ás racións consumidas nesta XXIX edición un 64% do total corresponderon ás ameixas a mariñeira, un 24% ás ameixas con fideos e un 12% ás ameixas con fabas.
No que respecta ó número de asistentes é importante destacar que a maior afluencia de público rexistrouse o sábado pola tarde e domingo pola mañá.
O sábado pola tarde foi o día elixido para homenaxear ás 18 mariscadoras das tres confrarías da ría de Pontevedra que se xubilaron no ano 2015. O acto asistiron tanto representantes da corporación local como membros das tres confrarías que puideron a súa vez desfrutar das actuacións da Coral Virxe de Fátima e da Escola de Música Tradicional de Poio.
Dende a Concellaría de Turismo amosaron un especial agradecemento ás persoas que traballaron no desenvolvemento dunha festa moi arraigada e recoñecida tanto dentro como fora do noso municipio, así como a tódolos colectivos implicados, destacando a Asociación de veciños de Campelo e a Coral Virxe de Fátima.
Relacionadas:
-
Poio convoca un concurso de fotografía con motivo da trixésima Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
Los Secretos e Astarot actuarán na Festa da Ameixa de Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
Poio pon data á Festa do Mar e á Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
O PP cre que Campelo sofre discriminación
Por Redacción |
-
Ameixa 'por doquier' en Campelo
Por Cristina Saiz |
-
O PP de Poio critica a falta de apoio do Concello á Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción |
-
A Festa da Ameixa mantén "prezos populares" na súa XXIX edición
Por Diego Espiño |