Poio convoca un concurso de fotografía con motivo da trixésima Festa da Ameixa
Por Redacción
Un novo evento súmase á programación da Festa da Ameixa de Campelo. Coincidindo co seu trixésimo aniversario, Poio vén de convocar a primeira edición dun concurso de fotografía.
O certame terá por obxecto a difusión cultural, realce e promoción dunha das festas máis arraigadas do municipio.
Nel poderá participar calquera persoa física que sexa maior de idade e cumpra as condicións estipuladas nas bases. Cada participante presentará un máximo de dúas obras cuxa temática versará sobre a Festa da Ameixa de Campelo, as labores tradicionais relacionadas co marisqueo, as xentes, así como o concepto e carácter de sustentabilidade da mesma.
O prazo de admisión dos traballos abrirase o 1 de agosto e pecharase o 31 do mesmo mes. A entrega das fotografías será a través do enderezo electrónico ameixaconcursofotos@concellopoio.net, e un xurado será o encargado de elixir aos tres gañadores do premio outorgado polo Concello de Poio.
As bases que rexerán o I Concurso de Fotografía Festa da Ameixa poderán consultarse no taboleiro de anuncios municipal e na páxina web do Concello.
Relacionadas:
-
Poio recupera o Festival da Ameixa con Milladoiro, Los Secretos e Astarot
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Los Secretos e Astarot actuarán na Festa da Ameixa de Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
Poio pon data á Festa do Mar e á Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
A Festa da Ameixa supera todas as previsións
Por Redacción |