O PP de Poio critica a falta de apoio do Concello á Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción
O PP de Poio considera que a Festa da Ameixa de Campelo que se celebrará esta fin de semana recibe un trato discriminatorio en comparación con outras que se celebran no municipio e reclama ao Concello que "lle dea o trato que merece" xa que, entre outras cuestións, é a de máis antigüidade de todas as que se celebran, 29 edicións.
A voceira do PP para Campelo, Natividad Torres Balea, sostén que as festas doutros lugares de Poio reciben axudas para contratar ata unha decena de actuacións mentres esta "ten que conformarse cun formato moi simple".
Trátase dun trato "discriminatorio" que, na súa opinión, fai que os veciños se sintan "de segunda".
Ademais, insiste en que a Festa da Ameixa é a máis enraizada por tradición, produto e localización, e unha festa moi querida en Poio, coa que se identifican as máis de 600 mariscadoras do concello –más de 1.000 incluíndo os de a pé e a flote- e a maioría da xente do mar.
Relacionadas:
-
O PP cre que Campelo sofre discriminación
Por Redacción |
-
A Festa da Ameixa supera todas as previsións
Por Redacción |
-
Ameixa 'por doquier' en Campelo
Por Cristina Saiz |
-
A Festa da Ameixa mantén "prezos populares" na súa XXIX edición
Por Diego Espiño |
-
Campelo volverá ser a capital da ameixa os días 17 e 18 de setembro
Por Redacción |