Comeza o acondicionamento das beirarrúas de Bernardo Sagasta, en Campo Lameiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este martes deron inicio os traballos de acondicionamento de beirarrúas na rúa Bernardo Sagasta, de Campo Lameiro. As obras executaranse sobre o dominio público viario existente ao longo do tramo urbano da PO-221, entre os quilómetros 12+750 e 13+000.
Os traballos executaranse demolendo en primeiro lugar o pavimento existente, escavando as gabias e instalando un pavimento de lousas de granito gris.
Tamén se levará a cabo o fresado e reposición do firme na PO-221 no casco urbano de Campo Lameiro.
A Consellería de Infraestruturas levará a cabo as obras durante os próximos dous meses cun orzamento de 60.337 euros.