Cuntis e Caldas apostan por máis emprego
Por Redacción
Os concellos de Cuntis e de Caldas de Reis van poñer en marcha un programa denominado 'Máis Emprego 2016', unha iniciativa que combina a realización de diferentes actuacións como sesións informativas, orientación, asesoramento, formación práctica en empresas e intermediación laboral para as persoas participantes. O obxectivo é lograr a súa inserción no mercado de traballo.
O programa está destinado a menores de 30 anos con e sen cualificación, ademais de persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios ou renda activa de inserción (RAI).
As persoas interesadas deben de dirixirse á oficina de emprego da Estrada e alertar da necesidade de participar no Programa Experimental de Emprego código 930.
Para máis información, facilítase o teléfono 986.548.708.