Vilagarcía investirá 700.000 euros da Deputación nunha escola infantil para Vilaxoán
Por Redacción
Un dos principais proxectos -por contía económica- que financiará a Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos executarase en Vilagarcía de Arousa.
A Xunta de Goberno da institución provincial acordou entregar 701.480 euros ao Concello de Vilagarcía para a construción dunha escola infantil en Vilaxoán. Ademais, outros 60.000 euros destinaranse para instalacións multideportivas en Carril.
Ata o de agora, o Plan Concellos xa ten entregado o 93,6% do que lle corresponde a Vilagarcía de Arousa, situando neste momento o investimento na vila en 1.355.695,76 euros.
A Deputación xa traspasara 203.000 euros para a instalación dun sistema de megafonía no salón de plenos municipal, dun sistema de copias de seguridade e dun sistema de gravación e postminutaxe das sesións plenarias, para a realización de melloras no sistema eléctrico a través de dous switches, para o subministro dunha motocicleta e cinco bicicletas á Policía Local e obras varios de acondicionamento e mellora do punto limpo de Pinar do Rei.
Ademais, para gastos correntes a Deputación entregoulle a Vilagarcía 33.500 euros, outros 51.000 euros para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero, o Tecnoverán 2016 ou o conservatorio de música, e 322.000 euros para a contratación de 34 traballadores.
Relacionadas:
-
A escola infantil de Vilaxoan obtén unha mención nos premios de arquitectura e rehabilitación de Galicia do 2020
Por Redacción |
-
O goberno de Carmela Silva investiu este ano en Vilagarcía preto de dous millóns de euros
Por Redacción |
-
Cuntis, A Illa e Vilagarcía reciben axudas da Deputación para actividades sociais
Por Redacción |