Un particular logra rescatar un bañista na praia de Major
Por Redacción
Unha persoa foi rescatada na praia de Major, en Sanxenxo durante a tarde deste martes 6 de setembro.
Un particular informaba ao 112 Galicia ao redor das 19.00 horas da presenza dunha persoa na auga, nunha zona perigosa.
O Centro de Emerxencias 112 Galicia alertaba a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais informábase tamén a Emerxencias de Sanxenxo e da Garda Civil.
Ao final foi o propio particular quen logrou rescatar ao bañista, que se atopa en bo estado de saúde, segundo a información facilitada polo 112.