Aprobada a obra de separación das augas pluviais e fecais na rúa Loureiro Crespo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Pontevedra acometerá a obra necesaria para a separación das augas pluviais e fecais na rúa Loureiro Crespo.
Este tramo é un dos poucos puntos da rede de saneamento do casco urbano onde inda non hai separativas.
A Xunta de Goberno local deu este luns luz verde a unha actuación que ten un orzamento de 33.563,68 euros, segundo informou a portavoz do goberno local, Anabel Gulías.
A rede de saneamento do casco urbano suma ao redor de 500 quilómetros, dos que quedan pendentes de ter separativas de augas fecais e pluviais entre 3 e 4 quilómetros, o 0,6% da mesma.