Veciñanza de Cuntis quéixase do "aspecto descuidado" do cemiterio
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O aspecto "descoidado, sen limpar, coa herba sen cortar e ofrecendo unha imaxe de abandono" que presenta segundo Veciñanza o cemiterio de Cuntis motivou as críticas da formación política.
"O seu aspecto pódese comprobar cunha simple visita e a necesidade dunha mínima conservación é urxente", asegura Veciñanza tras recibir queixas por parte de varios veciños do municipio.
Por ese motivo instan o goberno local ao alcalde en particular "a que durante o mes de agosto non se descoiden as tarefas de limpeza e que de inmediato se proceda á limpeza e conservación do cemiterio", explican a través dun comunicado.
Estas queixas súmanse, segundo o grupo político, ás xurdidas nos últimos polo aspecto das Rúas do Baño "sen limpar, con lixo polo chan e con aspecto aínda do fin das festas patronais" que afea a imaxe da localidade.
RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL
Dende o goberno local explicaron que os traballos de sega e limpeza non se puideron acometer antes por "dificultades personales da empresa", segundo informaron nun comunicado.
Na tarde deste mércores xa se procedeu a adecentar toda a contorna do cemiterio.
Ademáis lembran que nas festas patronais este servizo foi reforzado con personal externo e que un camión de baldeo está a proceder estes días ao lavado das distintas rúas.
Finalmente sinalan que as actividades no casco urbano remataron esta fin de semana co maratón San Antón polo que entenden que "se está a proceder de manera axeitada no que se refiere ao casco urbano".