Sae a licitación o contrato de subministro eléctrico para o Concello de Cuntis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Cuntis sacará a licitación por concurso público o servizo de subministración de enerxía eléctrica para todas as dependencias municipais e o alumeado público.
Actualmente, o servizo corre a cargo de Gas Natural Fenosa e Electra Cuntiense por un importe aproximado de 350.000 euros anuais.
Con esta licitación, o goberno municipal trata de buscar un aforro importante na facturación deste servizo. O Concello cre que polo importe do contrato será de interese para varias empresas.
Os servizos técnicos traballan para licitar o contrato o antes posible e cumprir así coa legalidade neste tipo de procesos administrativos.