Ingresa en prisión o detido por acoitelar o condutor dun camión do lixo en Monte Porreiro
Por Natalia Puga
O Xulgado de Garda de Pontevedra decretou o ingreso en prisión do mozo de 26 anos detido na madrugada do venres en Pontevedra por presuntamente acoitelar ao condutor dun camión de recollida de lixo da empresa Cespa no barrio de Monte Porreiro.
Todo ocorreu sobre as 2.25 horas da madrugada do xoves ao venres e pouco despois o presunto agresor foi detido. Tras pasar unhas horas ingresado en estado no Hospital Montecelo, a media tarde do venres recibiu o alta hospitalaria e foi trasladado á Comisaría Provincial da rúa Joaquín Costa, onde permaneceu ata que na mañá do sábado foi posto a disposición do Xulgado de Garda.
O presunto agresor é un veciño do barrio, de 26 anos de idade, que saíu ao paso do camión de recollida para recriminarlle que circulase en sentido contrario pola rúa. Tras discutir co chofer do camión este home supostamente apuñalouno no costado. Segundo os servizos sanitarios, xa cando ingresou o seu estado era "menos grave" e poucas horas despois de chegar ao Hospital Montecelo xa lle enviaron a unha planta para a súa recuperación.
Cando atacou ao traballador, o detido parecía atoparse baixo o efecto dalgunha sustancia resistíndose despois ao arresto por parte dos axentes da Policía Nacional, sendo necesario que os servizos sanitarios lle administrasen un calmante. Foi finalmente detido por un delito de lesións polo que finamente ingresou en prisión.
Este individuo ten numerosos antecedentes, algúns deles por agresión.
Relacionadas:
-
Aprazan por segunda vez o xuízo contra un mozo con múltiples antecedentes por unha malleira á saída dun pub
Por Natalia Puga |
-
Ameazan cunha folga na recollida de lixo ante o bloqueo na negociación do convenio colectivo
Por Oskar Viéitez |
-
Acoitelan o condutor dun camión do lixo en Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada