Zafarrancho de obras menores nos xulgados de Pontevedra, Vilagarcía e Caldas
Por Redacción
A Xunta de Galicia destinará nos próximos días un investimento de 71.313 euros a realizar 18 obras menores nos xulgados de Ponteareas, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Lalín e A Estrada, segundo informou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
Nos xulgados da Parda de Pontevedra realizarase unha división dun despacho para habilitalo para psicólogos e outro para a Fiscalía. En Caldas de Reis, as obras previstas son a repararación do caruncho dun despacho e en Vilagarcía habilitarase un arquivo nunha antiga zona de garaxe.
Cores Tourís indicou que para o goberno galego "é fundamental dispor de infraestruturas xudiciais de calidade, acordes coas necesidades dos profesionais do sector e que permitan dar un axeitado servizo á cidadanía", de aí que se decidira executar estes traballos menores de mantemento e reparación, que se levarán a cabo durante as próximas semanas e que permitirán manter estas edificacións en óptimas condicións de utilización.