Vilagarcía habilitará o Castelete como "praia canina"
Por Redacción
Vilagarcía contará en breve unha praia canina, un espazo reservado e autorizado para o esparexemento dos animais domésticos. A zona, que xa está sendo utilizada por algunas persoas que levan alí ás súas mascotas a que xoguen e darse un baño, acondicionarase coa instalación de valado que impidan que os animais saian cara á estrada e con papeleiras para o depósito de excrementos.
O Concello conta xa co visto bo de Costa e das asociación veciñais da zona para levar a cabo esta iniciativa que, por outro lado, estaban a demandar numerosos propietarios de cans. O espazo é o máis axeitado tendo en conta que esta franxa litoral, situada fronte as naves de Pita, non é utilizada por bañistas e sí por donos de cans que xa os levan alí a refrescarse, especialmente coas altas temperaturas do verán.
A praia canina súmase aos parques para cans que o Concello comezou a habilitar. O primeiro deles, o situado en Fexdega, completarase a finales de mes posto unha vez que se reciba o material restante para acabar a actuación.
Ademais de ir valados e debidamente sinalizados, os parques caninos disporán de xogos de agilidad, papeleiras para o depósito dos excrementos e fontes para que os animais poidan beber. Tras o de Fexdega, habilitaranse o do Piñeiriño e o de A Tomada (Carril).
A dotación de espazos reservados para cans completarase coa praia canina do Castelete.
Relacionadas:
-
Vilagarcía ampliará o parque canino de Fexdega e creará dous máis
Por Redacción |
-
O Grove recolle en Madrid o segundo premio "Travel Guau" como mellor destino dog-friendly de España
Por Oskar Viéitez |
-
Os animalistas critican que a 'Bandeira Azul' exclúa ás praias accesibles a cans
Por Oskar Viéitez |
-
Prohibiría fumar na praia?
Por Oskar Viéitez |