Os animalistas critican que a 'Bandeira Azul' exclúa ás praias accesibles a cans
Por Oskar Viéitez
A Asociación Animalista Libera achaca o atraso dos concellos na creación de praias ou zonas específicas para cans nalgúns areais aos criterios 'caducos' que emprega a Fee e ADEAC, as entidades promotoras da distintivo 'Bandeira Azul' para restar puntos nesta materia se algún consistorio decidise habilitar unha praia deste tipo.
Así, os animalistas explican que o propio manual de recomendacións, ou esixencias como é o caso, sinala aos cans como "meros portadores de parasitos" ou reprocha o problema da "presenza de deposiciones dos cánidos nas praias".
Desde Libera reprochan que Fee e ADEAC non teñan a mesma preocupación co tratamento que sofren estas zonas costeiras durante festividades especiais, "como podería ser San Xoan, ou co tabaco, onde unha soa cabicha é capaz de contaminar varios litros de auga, ademais de non ser biodegradable".
Neste sentido os defensores dos animais anuncian accións para "lograr flexibilizar os criterios de selección" propoñendo, por exemplo un "galardón intermedio" para zonas accesibles con cans ou unha distinción diferente.
O obxectivo fundamental da asociación animalista é fomentar a "convivencia responsable", baixo un decálogo de dereitos e deberes "que poida facer real a participación compartida das praias da provincia", con excepción daquelas que conten con algunha figura de protección ambiental, aspecto que suprime esta posibilidade de zonas delimitadas.
Relacionadas:
-
Reclaman que se habilite en Sanxenxo unha praia autorizada para cans
Por Alejandro Espiño |
-
Bueu recorda aos seus veciños que "o teu can di moito de ti"
Por Redacción |
-
Vilagarcía habilitará o Castelete como "praia canina"
Por Redacción |
-
O Concello de Marín lembra que está prohibida a presenza de cans nas praias
Por Redacción |