Comisións Obreiras impugnou os orzamentos do concello de Sanxenxo por "palmaria ilegalidade"
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras impugnou os orzamentos do concello de Sanxenxo do ano 2016 por "manifesta ilegalidade", e por omitir as partidas necesarias para dotar ao conxunto do plantel de roupa de traballo e garantizar a formación do seu persoal.
Os orzamentos contemplan unha partida de 50.000 euros "coa finalidade de que a Alcaldía poida distribuila para compensar ao personal auxiliar que está a realizar tarefas superiores a súa categoría profesional" a traverso de Complementos Persoais Transitorios, que o alcalde poderá asignar, según Comisións Obreiras, "sin outro criterio obxectivo que o que sinale o seu dedo".
Este sindicato critica que o gobernó tripartito decida retribuir a un grupo de traballadores auxiliares, e "desatender as reivindicacións da inmensa maioría do plantel", que se concretaron nas propostas presentadas por CC.OO. ao Orzamento de 2016 e na proposta de convenio colectivo.
Pero ademáis sinalan que o goberno decide facelo mediante un concepto (Complementos Persoais Transitorios), que é "palmariamente ilegal", xa que ditos complementos, en aplicación da Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública poden aplicarse a "os funcionarios que como consecuencia do réxime retributivo establecido na presente Lei experimenten unha disminución do total das súas retribucións anuais, terán dereito a un Complemento Persoal e Transitorio, pola diferenta das retribucións, que será absorbido por calquer futura mellora retributiva".
Ademais, Comisións Obreiras critica as partidas que o goberno municipal adica a mercar roupa de traballo ou á formación e a cualificación profesional do seu persoal.
Xunto coa impugnación, Comisións Obreiras ten solicitado a convocatoria dunha mesa de negociación, previo á aprobación definitiva dos orzamentos, que si non se modifican, serán recorridos nos tribunais de xustiza.
Relacionadas:
-
Vanessa Rodríguez acusa a Telmo Martín de "beneficiar a Comisións Obreiras" polo seu labor de "desgaste e oposición" ao tripartito
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo desestima as alegacións de Comisións Obreiras ao orzamento
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo contraataca e acusa a CC.OO. de intentar coaccionalo
Por Redacción |
-
Ven indicios de "prevaricación" no acordo laboral do Concello de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo equipara o persoal laboral cos funcionarios, sen o apoio de CC.OO.
Por Redacción |
-
CC.OO logra a maioría sindical no Concello de Sanxenxo e esixe un novo convenio
Por Redacción |