Ven indicios de "prevaricación" no acordo laboral do Concello de Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, considera que o acordo ao que chegou o goberno local con representantes sindicais hai unha semana é ilegal porque non se respectou o marco de negociación, no que o sindicato maioritario é Comisións Obreiras. Esta central sinala ademais que non se seguiu o mandato asembleario dos traballadores do Concello que expuxeran que o principal punto pasaba pola negociación do convenio colectivo.
García Pedrosa rexeita a proposta do goberno local de esperar ata outubro para esa negociación porque para entón unha empresa contratada realizará un diagnóstico do persoal. Neste sentido, criticou en rolda de prensa que o orzamento aprobado para o Concello crease cinco prazas de técnicos sen que se contemplase o pago das horas extra á Policía Local e aos integrantes de Protección Civil, ademais de non aplicar complementos de produtividade.
Comisións Obreiras denuncia que o Concello de Sanxenxo sufriu unha diminución de 2,2 millons de euros en persoal, que se deriva xa da anterior corporación. O sindicato sinala que se amortizan prazas e non se pagan horas extra. Por este motivo, García Pedrosa indica que os sindicatos que apoiaron o acordo carecen de representación suficiente para poder aprobalo se se atende á normativa da Lei de Emprego Público de Galicia. Afirma que ese acordo aprobado reduce os dereitos que se recollen no convenio colectivo vixente.
Os representantes deste sindicato consideran que o goberno local mesmo estaría a incorrer en "prevaricación" ao ir en contra da lexislación vixente. Sinalan que estarán pendentes das próximas decisións que adopte o Concello de Sanxenxo e esperarán á próxima asemblea para decidir se adoptan posturas de protesta.
CC.OO. ve indicios de "prevaricación" no acordo laboral do Concello de Sanxenxo
José Luis García Pedrosa. Secretario comarcal de CC.OO.
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
Comisiones Obreras demandará o Concello de Sanxenxo por negociación ilegal
Por Anxo Lourido |
-
O goberno local de Sanxenxo desestima as alegacións de Comisións Obreiras ao orzamento
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras impugnou os orzamentos do concello de Sanxenxo por "palmaria ilegalidade"
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo contraataca e acusa a CC.OO. de intentar coaccionalo
Por Redacción |
-
Sanxenxo equipara o persoal laboral cos funcionarios, sen o apoio de CC.OO.
Por Redacción |
-
Sanxenxo realizará unha auditoría do persoal municipal para corrixir carencias nos servizos
Por Redacción |
-
CC.OO logra a maioría sindical no Concello de Sanxenxo e esixe un novo convenio
Por Redacción |