Comeza o reparto dos alimentos da colleita solidaria do Surfing the Lérez
Por Redacción
Redeaxuda comezou o reparto da "colleita" de alimentos e produtos hixiénicos feita no Surfing the Lérez celebrado a pasada fin de semana.
As seis toneladas de solidariedade da romaría do rock&roll desenvolvida na Illa do Cobo irá ás mans das organizacións que atenden as necesidades básicas de persoas e familias: Cáritas, Comedor San Francisco, Calor e Café, Rexurdir provincial, Meniños, Club de Leones e Fundación Amigos de Galicia.
Aínda que as actividades do Surfing the Lérez eran gratuítas a organización solicitou ao público que colaborase entregando alimentos e outros artigos, e unha vez máis, a xente respondeu superando en dúas toneladas a cantidade doada na pasada edición do 2015.
Nesta colleita solidaria traballaron unha vintena de voluntarios que dende a tarde do venres e ao longo de toda a xornada do pasado sábado recolleron as doazóns.
Relacionadas:
-
A sétima edición do festival Surfing the Lérez xa ten data: o sábado 17 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
A cara máis solidaria do Surfing the Lérez: seis toneladas de alimentos para Redeaxuda
Por Redacción |
-
Rock e diversión na beira do río cun Surfing the Lérez de récord
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Polo río abaixo van... colchóns de praia
Por Diego Torrado |
-
Cinco bandas 'quentan' un Surfing The Lérez que vive este sábado o seu día grande
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |