Polo río abaixo van... colchóns de praia
Por Diego Torrado
Río abaixo ía segurante este sábado algunha troita, dificilmente algunha en pé como canta a canción popular, pero o que chamaba a atención ao observador non eran peces nin outro tipo de plantas ou animais acuáticos, senón un fenómeno moi pouco habitual no río Lérez ao seu paso polo termo municipal de Pontevedra: colchóns inchables.
Non era un fenómeno paranormal nin unha alucinación, senón a segunda edición do Descenso do río Lérez en colchóns de praia.
Os participantes, que fixeron gala dun gran sentido do humor, déronse cita na presa de Monte Porreiro e percorreron río abaixo a distancia que separa este punto da Illa das Esculturas.
O bo humor e as grandes gargalladas compartiron protagonismo cos golfiños, crocodilos, tiburóns ou tartarugas inchables que ían río abaixo, algúns axudados de remos e outros unicamente con medios propios. E, como recompensa polo esforzo, ao chegar á meta todos puideron gozar dun premio: o festival Surfing The Lérez.
Relacionadas:
-
O 'campionato mundial' de colchóns de praia, de novo en Sanxenxo o 17 de xuño
Por Redacción |
-
Comeza o reparto dos alimentos da colleita solidaria do Surfing the Lérez
Por Redacción |
-
E os colchóns inchables botáronse ao Lérez
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Organizan un descenso do Lérez en colchóns inchables
Por Diego Espiño |