A cara máis solidaria do Surfing the Lérez: seis toneladas de alimentos para Redeaxuda
Por Redacción
O festival Surfing the Lérez non só é sinónimo de música e diversión en familia á beira do río, tamén ten un carácter solidario que se vai reforzando co paso dos anos. Na súa sexta edición, que se celebrou os dous últimos días na Illa das Esculturas coa participación de miles de persoas, permitiu recoller seis toneladas de alimentos, case dúas máis que no ano 2015.
A entrada ao Surfing the Lérez é de balde, pero coa aportación voluntaria por parte dos asistentes de alimentos ou produtos hixiénicos infantís (cueiros) que teñen como destino as entidades integradas na rede municipal Redeaxuda. E o público tivo unha resposta xenerosa que confirma o seu compromiso social.
Ademais, os participantes no festival entregaron en doazón os produtos aconsellados pola organización, destacando cacao, azucre, café, leite, aceite, fiambre, galletas, conservas e cueiros da talla 5.
Os alimentos e produtos de hixiene infantil recollidos empezarán a entregarse esta semana entre as organizacións de Redeaxuda que atenden as necesidades básicas de persoas e familias: Cáritas, Comedor de San Francisco, Calor e Café, Rexurdir Provincial, Meniños, Club de Leones e Fundación Amigos de Galicia.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, unha vintena de voluntarios participaron na tarde do venres e ao longo de toda a xornada do sábado na recollida das doazóns, entre eles estudantes do programa Erasmus +, e persoal da concellería de Benestar Social. Para o traslado dos alimentos recollidos ata a Casazul usouse a nova furgoneta doada por La Caixa a Redeaxuda esta mesma semana.
Relacionadas:
-
A sétima edición do festival Surfing the Lérez xa ten data: o sábado 17 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Redeaxuda distribuíu en 2016 dez mil quilos de alimentos recollidos en actos solidarios
Por Redacción |
-
Amigos de Galicia axuda cada mes a 26 familias necesitadas do Grove
Por Redacción |
-
Aumentan as peticións de axuda por parte de pontevedresas soas con fillos ao seu cargo
Por Redacción |
-
Comeza o reparto dos alimentos da colleita solidaria do Surfing the Lérez
Por Redacción |
-
Rock e diversión na beira do río cun Surfing the Lérez de récord
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Cinco bandas 'quentan' un Surfing The Lérez que vive este sábado o seu día grande
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Surfing the Lérez, a romaría do rock and roll, regresa co "mellor cartel que xamais tivo"
Por Alejandro Espiño |
-
O Surfing The Lérez amplíase a dous días: 17 e 18 de xuño
Por Alejandro Espiño |