Buscan un mozo de Cambados desaparecido desde o 11 de febreiro
Por Redacción
Leva máis de 24 horas desaparecido. Chámase Diego Martínez Batalla, ten 31 anos e, segundo distintas fontes, sofre problemas psicológicos. O mozo cambadés desapareceu do seu domicilio e a súa familia tenta localizalo na zona do Salnés.
Aquelas persoas que poidan aportar algún dato de interese relativo a súa desaparición pode porse en contacto co posto da Garda Civil máis próximo ou coa Comisaría do Corpo Nacional de Policía. Poden tamén chamar ao 062 ou ao posto da Garda Civil de Cambados 986.52.69.34