O mozo desaparecido en Cambados aparece en Santiago 48 horas despois
Por Redacción
Diego Martínez Batalla estivo máis de 48 horas en paradoiro descoñecido, pero finalmente foi localizado san e salvo e regresou á súa casa. O mozo, de 31 anos, desapareceu do seu domicilio en Vilariño (Cambados) o luns e apareceu o miercoles en Santiago de Compostela.
A súa familia establecera un dispositivo de busca intenso por toda a zona do Salnés no que contou coa colaboración das policías Local e Nacional, Protección Civil e a Garda Civil, xa que o mozo ten problemas psiquiátricos e require tomar unha medicación específica. A súa familia e achegados distribuíran imaxes do mozo por toda a bisbarra do Salnés para implicar a toda a poboación na súa busca.
Segundo transcendeu, xa na noite do martes o mozo púxose en contacto telefónico coa súa parella, pero sen revelar onde se encontraba. O mércores pola mañá volveu chamar e achegou máis datos, de modo que a familia acudiu na súa busca.