Comproben os seus boletos, o Gordo da Primitiva deixa en Pontevedra un segundo premio
Por Redacción
O segundo premio do Gordo da Primitiva, cuxo sorteo se celebrou este domingo, deixou en Pontevedra 40.750 euros.
A administración de lotería de Peregrina 29 foi a encargada de repartir a sorte.
A da cidade do Lérez non foi a única combinación gañadora xa que tamén houbo outros dous agraciados en Navarra e Valencia.
O primeiro premio foi para o acertante dos números 3, 4, 13, 23 e 27, co 1 como reintegro.