Diversión e bo ambiente no segundo festival Troula Inclán
Por Diego Torrado
A praza de Méndez Núñez empapouse durante todo o sábado de actividades e bo ambiente na segunda edición do festival Troula Inclán.
A iniciativa, posta en marcha polo Pub A Gramola en colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, congregou a numeroso público desde o seu inicio, ás 13:00 horas.
Música tradicional galega, degustación de pratos típicos, actividades infantís e xuvenís e por último, como prato forte, unha serie de concertos ata ben entrada a noite.
Polo escenario pasaron os grupos The Trunks, Black Stones, Desconcerto e Operación Guateque para goce de todos os presentes.