Éxito de público no Troula Inclán
Por Diego Torrado
O público ratificou coa súa presenza durante todo o día e ata altas horas da madrugada o éxito de convocatoria do Troula Inclán que encheu de música a praza de Méndez Núñez.
Esta festa organizada polo pub La Gramola coa colaboración do Concello e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental empezou a mediodía do sábado cos "Momentos trad".
Entre pinchos e perolada galega chegouse á sesión de tarde, que nas primeiras horas estivo dedicada aos nenos co "Pequetroula", para dar paso a media tarde ás actuacións de Desconcerto, Sobre Todo Ella, Black Stones e Operación Guateque.
A festa rematou de madrugada no pub Gramola, que celebra o seu primeiro aniversario.
Relacionadas:
-
Valle Inclán tamén vai de troula
Por Diego Torrado |
-
Diversión e bo ambiente no segundo festival Troula Inclán
Por Diego Torrado |
-
Este sábado volve o Troula Inclán 2016
Por Redacción |
-
A praza de Méndez Núñez será escenario da Troula Inclán durante este sábado
Por Redacción |
-
A estatua de Valle-Inclán, de novo sen ningunha man
Por Natalia Puga |