O PP esixirá á Deputación un plan permanente de limpeza de praias, ante a "falta de apoio" actual aos concellos
Por Redacción
O grupo provincial do Partido Popular denuncia a "falta de apoio" da Deputación de Pontevedra aos concellos con costa para garantir a posta a punto das praias de cara ao verán e propón, como solución, a posta en marcha dun plan permanente de limpeza das praias da provincia.
A voceira provincial dos 'populares', Nidia Arévalo, e os deputados Javier Bas e Jose Enrique Sotelo anunciaron que levarán o asunto ao vindeiro pleno da corporación e sinalaron que en anos anteriores a institución provincial non escatimaba en esforzos nin recursos para que as praias tivesen os mellores servizos e estivesen nas mellores condicións, pero este ano o único apoio que recibiron os concellos da costa foi unha peneira, sen tractor e sen condutor, durante quince días.
" Pedímoslle que non mire cara outro lado", indicó Nidia Arévalo, para añadir que los actuales responsables provinciales "non teñen nin idea de como se goberna unha deputación e como se xestiona un parque de maquinaria". Segundo aseguran, a súa xestión obriga aos alcaldes da provincia a contratar a empresas privadas a limpeza e asfaltado de viais, e agora a limpeza de praias.
Na opinón de Arévalo, non se trata de deixar a peneira ao alcalde durante quince días. "As praias non se limpan quince días en todo o verán, senón que cada semana as brigadas do concello en colaboración co Parque de Maquinaria da Deputación deberían estar limpando as praias", segundo a deputada do PP. Asegura que antes había unha programación que garantía ter as praias a punto, pero agora se eliminou.
O deputado e alcalde de Redondela Javier Bas, como afectado ao ter un concello con costa, indicou que a situación agora "empeorou enormemente, o que provocou que os traballos se retrasen" e criticou que "hai unha política de evitar e rexeitar por sistema todo aquilo que presenta o PP, aínda que sexa en defensa dos concellos e colectivos da provincia".
Relacionadas:
-
Os alcaldes do PP insisten en reunirse co goberno da Deputación para falar do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Sanxenxo e O Grove e os concellos do Morrazo xestionarán conxuntamente as limpapraias da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación esixe aos concellos do PP que limpen as súas praias
Por Redacción |